Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Ribeira celebra o Día da Danza cunha clase aberta no Malecón


A concelleira de Cultura, Antía Alberte, presentou hoxe xunto a Francisco Muñiz, do Taller Alecrín, a actividade que se celebrará en Ribeira o vindeiro 28 de abril ás 18:00 no Malecón con motivo do Día Internacional da Danza.

Segundo explicou Francisco, o propósito do evento é a promoción do baile social e a educación na danza; “cunha mestura de tódolos ritmos do baile en parella”. A actividade consistirá nunha clase aberta cunha serie de propostas de coreografías na que tamén terán cabida a improvisación e os xogos. “Escoitaremos pasodoble, rumba, merengue, polca, swing ou bachata” informou Muñiz.

Para máis información sobre o evento pódese contactar no teléfono 698150432. No caso de choiva, a actividade trasladarase á carpa municipal. “Este equipo de goberno ten como propósito facilitar o asociacionismo e colaborar con entidades culturais locais para organizar eventos e actividades” destacou a concelleira Antía Alberte.

Deja un comentario